venres, novembro 10, 2023

Resumo da asemblea xeral e agradecemento ás familias


Onte celebramos a nosa asemblea xeral anual e ficamos moi contentas coa asistencia das familias. Agradecemos enormemente a súa presenza e animamos a que sigades participando en todo o que facemos desde a ANPA. 

Para as que non asististes facémosvos un resumo: aprobamos a acta da asemblea anterior, presentámosvos os balance das contas especificando cales foron os gastos e cales os ingresos e para que os utilizamos, contámosvos o que temos previsto facer neste curso e renovamos a nosa xunta directiva.

Agradecemos a Mari os seus últimos anos como presidenta e todo o seu traballo, así coma o de Paula como tesoureira e responsable das contas (seguimos contando con elas, por suposto, dentro da xunta directiva). Damos a benvida á Presidencia da ANPA a Silvia, á que agradecemos enormemente a súa disposición e o seu compromiso. Estamos seguros/as de que será unha boísima presidenta. Olaia é xa a nova tesoureira e incorporamos oficialmente a dúas persoas máis á xunta directiva (Alba e Jéssica). Ademais, coma sempre, deixamos as portas abertas para quen queira incorporarse. 

Tedes nesta ligazón a composición da nova xunta directiva.

Tamén tivemos algunhas peticións que por suposto van ser atendidas e tratadas.

De novo moitas grazas a todos os que asististes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario