SERVIZO DE COMEDOR
O servizo de comedor comeza ás 14:00h e remata ás 16:00h. Préstase nas instalacións do comedor do centro.
PARA ENTRAR
Os alumnos e alumnas que fagan uso do comedor están a cargo dun mestre ou mestra desde que rematan o seu horario lectivo ata que chega a coidadora do comedor.
DURANTE O SERVIZO
Durante o tempo do servizo, os nenos e nenas non poden saír das instalacións habilitadas para comedor e, unha vez rematen de xantar, poden facer uso deste espazo para actividades lúdicas, sempre baixo a supervisión da coidadora. Non obstante, permítese a saída ao exterior sempre que a coidadora o considere oportuno e baixo a súa supervisión.
Ao rematar o xantar, os nenos e nenas lavarán os dentes.
PARA SAÍR
Unha persoa adulta autorizada pode recoller as/os nenas/os a calquera hora a partir das 15:15h e ata as 16:00h.
Desde o 7 de febreiro de 2022, as portas do colexio permanecen pechadas tamén a partir das 14.00h, polo tanto, para as recollidas de usuarios/as de comedor farase uso exclusivo da porta que dá á Rúa Alta. En caso de atopala pechada haberá que chamar a calquera dos dous números de teléfono do centro para que a coidadora abra:
-Fixo: 881 930 134
-Móbil: 644 765 166
Os nenos e as nenas que, despois do comedor, vaian a algunha actividade extaescolar do centro, serán achegadas pola coidadora ata ao espazo no que se realice á actividade.
PREZOS:
O prezo é por persoa e día. Hai un desconto do 50% para irmáns.
Persoas asociadas que acoden un 50% ou máis dos días lectivos do mes: 6,00€ (irmáns 3,00 €)
Persoas asociadas que acoden menos dun 50% dos días lectivos do mes: 6,50€ (irmáns 3,25 €)
Persoas non asociadas: 7,85€ (sen desconto para irmáns)
FORMA DE PAGAMENTO:
Pagarase mensualmente antes do día dez de cada mes vencido (agás o mes de xuño que se pagará antes do último día do mes), mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta, e tras recibir un correo electrónico da ANPA no que se lles indicará o importe a pagar en cada mes. O número de conta é o ES23 0182 5988 5702 0158 7944 e a entidade bancaria é BBVA (Avenida Marqués de Figueroa 1, Fene).
SUBVENCIÓNS:
As familias con poucos recursos económicos poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Fene para informarse das axudas existentes.
PERSOAS USUARIAS:
Poden usar o servizo de comedor e madrugadores as alumnas, os alumnos ou beneficiarios do CEIP Plurilungüe de Centieiras. Enténdense como persoa beneficiaria aqueles menores de educación primaria e secundaria que formen parte da unidade familiar da persoa asociada do centro.
IMPORTANTE
As asistencias e cambios sobre as previsións vanse poder rexistrar ata as 9.15h do mesmo día. Despois dese tempo a ferramenta informática non permite a modificación. Cobraranse todos os servizos anotados e non se pode garantir o servizo para as persoas que non estean anotadas.
Para obter as credenciais de uso desta web hai que enviar un correo electrónico á ANPA, ao enderezo anpa.centieiras@gmail.com, especificando os seguintes datos:
- Nome completo e DNI do pai/nai/titor/titora
- Enderezo electrónico e teléfono de contacto
- Nome completo do/a neno/a ou dos/as nenos/as
- Curso
- Indicar se ten algunha alerxia alimentaria
Con isto, procederemos a facer a alta no sistema e enviaremos un correo electrónico coas credenciais. Despois, son as propias familias as que xestionan as anotacións dos días de asistencia ao servizo.
A continuación, deixamos un enlace de acceso á guía rápida de usuarios e, se tedes calquera dúbida, preguntade a calquera persoa da directiva da ANPA:
QUE HAI QUE LEVAR:
-Cepillo e pasta de dentes con nome
-Mandilón para peques de educación infantil (opcional)