Lembramos que este xoves día 9 ás 18.15h en primeira convocatoria e ás 18.30h en segunda temos a nosa asemblea xeral anual. Todas as persoas asociadas á ANPA tedes dereito a acudir e tamén poden vir escoitar as que aínda non son socias. A orde do día é a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2. Estado de contas e balance do curso 2022/2023
3. Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Xunta Directiva
4. Previsión de actividades e xestións para o curso 2023/2024
5. Rogos e preguntas
Ademais, estamos a preparar o Magosto deste venres día 10. Teremos castañas asadas e chocolate quentiño, así que precisamos picar as castañas para que poidan asarse sen problema o venres. Agracemos que, quenes poidades, veñades a axudarnos. Traede un coitelo! Estaremos no colexio a partir das 18h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario