luns, 19 de outubro de 2026

Asinamos a subvención nominativa para o comedor escolar


Un ano máis acudimos ao acto de sinatura das subvencións nominativas do Concello de Fene, entre as que se inclúen os nosos 3.000 euros para o mantemento do servizo de comedor escolar. Grazas, coma sempre, ao Concello e tamén ás persoas da nosa ANPA que contribúen a que poidamos manter esta subvención e darlle o uso correcto ano tras ano.

O acto celebrouse o xoves 15 de outubro


martes, 6 de outubro de 2026

Asemblea Xeral ordinaria o luns 26 de outubro. Contamos contigo!



Toca convocar a nosa Asemblea Xeral ordinaria de socios e socias. Desta volta será o vindeiro luns, 26 de outubro, ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.15 en segunda, no recibidor do colexio e coa seguinte


ORDE DO DÍA 

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior

2. Estado de contas e balance do curso 2025/2026

3. Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Xunta Directiva

4. Previsión de actividades e xestións para o curso 2026/2027

5. Rogos e preguntas


Vén e participa. Queremos a túa opinión para seguirmos traballando.

luns, 28 de setembro de 2026

Temos laboratorio de arte para os xoves de 16 a 17 horas

ACTIVIDADE

CURSOS

HORARIO

IMPARTE

LUGAR

PREZO/MES (NON SOCIOS +5€)

Laboratorio de arte

De 4º EI a 2° EP

Xoves de 16:00 a 17:00h

“La guagua”

Aula de “Arts”

22 €


Finalmente conseguimos grupo para a actividade de Laboratorio de Arte, así que se vai impartir, como estaba previsto, os xoves de 16 a 17 horas a partir do 1 de outubro e ata finais de maio.

Agardamos que vos guste e que saquedes todo o partido aos pequenos e pequenas artistas que hai neste cole!!

mércores, 16 de setembro de 2026

Xa temos oferta de actividades extraescolares! O prazo para apuntarse remata o 25 de setembro

 A oferta de actividades extraescolares propostas para este curso son as seguintes:


ACTIVIDADE


CURSOS

HORARIO

IMPARTE

ALUMNADO

MÍNIMO E MÁXIMO

PREZO/MES (NON SOCIOS +5€)



Tenis


De 4ª EI en diante



Martes e/ou Xoves de 16:00 a 17:00h


Escola de Tenis “Justo al Revés”


Mínimo: 6

Máximo: 12


18 € 1 día/semana

23 € 2 días/semana

Acrodance 


De 1°EP en diante

Luns de 16:00 a 17:00h

Academia de baile ”Fusión Dance”

Mínimo:8

Máximo:20


25 € 


Predeporte


De 4º EI a 6° EI


Mércores de 16:00 a 17:00h


“La guagua” 


Mínimo: 10

Máximo: 15


19  €

Laboratorio de arte


De 4º EI a 2° EP


Xoves de 16:00 a 17:00h


“La guagua”


Mínimo: 10

Máximo: 15


22 €


Cociña


De 4°EI en diante


Mércores de 16:00 a 17:00h


“La guagua”



Mínimo: 10

Máximo: 15


24 €


Ciencias locas


De 4° EI en diante


Luns de 16:00 a 17:00h


“La guagua “


Mínimo: 10

Máximo: 15

22 €*

Xogos de mesa 

De 1° EP en diante

Martes de 16:00 a 17:00h

“Caprica”

Mínimo: 6

Máximo: 20

25 €


Impartiranse as actividades que alcancen o número mínimo de alumnado que indica o cadro.

Como apuntarse


Enviando un correo (anpa.centieiras@gmail.com) ou un whatsapp (623009449) á ANPA co NOME, APELIDOS E CURSO do neno ou nena, a actividade á que quere apuntarse e, no caso de tenis, o día ou días que quere.

Prazo: ata o venres 25 de setembro, incluído.

As actividades comezan co mes de outubro e rematan co mes de maio. O pago debe facerse por adiantado, nos dez primeiros días de cada mes, mediante ingreso ou transferencia á conta bancaria da ANPA:  ES23 0182 5988 5702 0158 7944 (BBVA-Fene).

Poderán cancelarse as actividades durante o curso se se producen baixas ata menos do número mínimo de alumnado.

As persoas que teñan débedas coa ANPA non poderán apuntarse e serán dadas de baixa da actividade.

Grazas a todos/as e a gozar delas!!

venres, 4 de setembro de 2026

Todo listo para o comezo do novo curso

 


Chegou setembro e con el a volta ao cole: adquisición de libros, de material, moitas dúbidas, reunións de clase, etc., etc. Para a ANPA comeza tamén unha etapa de traballo co obxectivo único de que tanto o alumnado como as familias teñades o mellor comezo de curso posible.

Os servizos de madrugadores e de comedor están dispoñibles desde o primeiro día de cole (mércores 9). Deixámosvos por aquí un pequeno resumo, pero tedes toda a información sobre como apuntarvos, prezos, normas, etc,. neste blog, nas ligazóns:

Madugadores

Comedor

Instrucións uso da web de xestión de asistencias


Estamos preparando tamén nova oferta de actividades extraescolares para comezar en outubro e, en breve, convocarémosvos para a nosa asemblea xeral de familias socias.

Lembrade que é moi importante que todas as familias vos asociedes á ANPA para que poidamos seguir ofrecendo todos os servizos e organizando todas as actividades coa maior calidade posible e as mellores condicións para todos os nenos e nenas que cada día veñen a este colexio a aprender, a relacionarse, a medrar e a obter uns valores que probablemente marcarán o resto das súas vidas. Neste blog tedes a explicación de como asociarvos na seguinte ligazón:

Como asociarse á ANPA

E aquí un pequeno resumo:



luns, 22 de xuño de 2026

Feliz verán, familias!

Chegou o final do curso e quedou celebrada a festa da convivencia 2026. Agardamos que a gozarades tanto coma nós. Moi feliz nova etapa para os que marchan do cole e, para os demais, feliz verán e vémonos en setembro.



mércores, 3 de xuño de 2026

Festa da Convivencia Centifest 2026


Pois aquí chega un ano máis a nosa Festa da Convivencia, á que por suposto estades convidadas todas as familias do alumnado de Centieiras con mamás, papás, tíos e tías, curmáns, irmás, avós, avoas e quen queira acudir. Este ano temos ademais música en directo coma se dun festival se tratase, así que recuperamos o nome de Centifest para esta ocasión. 

Contámosvos como está previsto que sexa o Centifest 2026!!

A partir das 14h do venres 19 de xuño todas as familias que vos animedes podedes vir comer ao recinto do colexio. Cadaquén terá que traer a súa comida e os seus útiles, pero a ANPA convida a auga, café e postres (pasteis e xeados). Ás 16 horas teremos un concerto de música en directo do grupo "Callos Gratis", formado polos músicos locais Cabe e Al Vila, que agardamos que sexa do agrado de peques e maiores. 

A continuación, ás 17 horas, dará comezo a tradicional festa da espuma na pista cuberta, con animación, música e moita troula. Lembrade traer bañadores, gafas de piscina e calzado axustado ao pé (non se recomendan chanclas).

Teremos un sorteo de agasallos con rifas que repartiremos durante as primeiras horas da tarde e, por suposto, se o tempo acompaña, teremos auga dispoñible para encher pistolas ou metralletas de auga.

O que non se pode facer:

- Por motivos hixiénicos e medioambientais non permitimos o uso de globos de auga.

- Para evitar inundacións non desexadas, non está permitido o uso dos baños para encher pistolas de auga (poremos barreños e unha mangueira a disposición dos pistoleiros e pistoleiras).

Agardamos que vos guste todo e que pasemos todos e todas unha xornada xenial para despedir este curso 2025-2026.

luns, 25 de maio de 2026

Última semana de extraescolares


Chega a última semana de maio e, con ela, a fin de curso das actividades extraescolares xestionadas pola ANPA. Moitas grazas a todos e todas por participar. Agardamos que as aproveitaran e que lles resultaran interesantes. O vindeiro curso regresamos!!

venres, 22 de maio de 2026

Fin de curso á vista!!


Vai chegando a fin de curso e temos que ir anunciando cousiñas...

A primeira, como xa vistes na nota que enviou o cole, axudamos con 3€ a cada alumna ou alumno socio da ANPA para a excursión de fin de curso que farán o vindeiro 2 de xuño á Granxa Escola do Belelle. Ademais, lembramos que ese día, posto que a excursión alóngase ata a tarde, NON HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR (si de madrugadores), así que pregamos a todas as familias que teñades aos nenos/as apuntados/as ao comedor para ese día, que os borredes, para que non se vos cobre o servizo por erro.

A segunda, que desde a ANPA estamos a preparar unha gran festa de convivencia para a tarde do último día do curso (19 de xuño) da que pronto vos poderemos contar os detalles. Ese día TAMPOUCO HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR. Ide reservando a data!!

xoves, 9 de abril de 2026

O alumnado de 6º EP socio da ANPA xa pode recoller os seus 10€ para a excursión ou para o que queiran...


Como cada ano, dende a ANPA queremos axudar con 10 € aos alumnos e alumnas de 6º de primaria que se despiden neste curso de Centieiras e que son socios e socias da ANPA. Poden usalos para a excursión de fin de curso ou para o que consideren oportuno; sabemos que non é moito pero é un xeito de agradecer dentro das nosas posibilidades o esforzo destas familias durante todos os anos que foron socias da ANPA e, como non, ter un detalliño con estes nenos e nenas que botaremos de menos.

Para recoller os cartos temos establecidos os seguintes días e horarios:

- Luns 13 de abril, de 9 a 9.30h e de 13.30 a 14h

- Martes 14 de abril de 16 a 16.30h

Se non podedes pasarvos en ningún destes momentos poñédevos en contacto coa ANPA polas vías habituais.