Todas as persoas que teñan pensado facer uso neste curso dos servizos de comedor e/ou de madrugadores deben darse de alta na web deseñada para este fin. Deste xeito, obterán unhas credenciais (usuario e contrasinal) e poderán apuntar aos seus nenos/as aos servizos dun xeito fácil, rápido, cómodo e sen intervención de terceiras persoas.
Para entrar só hai que poñer na barra de enderezos de internet o seguinte: www.comedorcentieiras.com
Para obter as credenciais hai que enviar un correo electrónico á ANPA, ao enderezo anpa.centieiras@gmail.com, especificando os seguintes datos:
- Nome completo e DNI do pai/nai/titor/titora
- Enderezo electrónico e teléfono de contacto
- Nome completo do/a neno/a ou dos/as nenos/as
- Curso
- Indicar se ten algunha alerxia alimentaria
Con isto, procederemos a facer a alta no sistema e enviaremos un correo electrónico coas credenciais.
A continuación, deixamos un enlace de acceso á guía rápida de usuarios e, se tedes calquera dúbida, preguntade a calquera persoa da directiva da ANPA:
Ningún comentario:
Publicar un comentario