Asóciate!

- Importe anual 25€ por familia

- Pago no primeiro trimestre do curso (as persoas que fagan uso de actividades extraescolares ou servizo de comedor/madrugadores deberán aboala antes de comezar a usalos para que se lles poidan aplicar os prezos reducidos para socios/as).

- Preferiblemente nun só pago (de non poder ser así por diferentes motivos persoais, comunicarse coa ANPA)

COMO O FACEMOS

1. No caso de que sexa a primeira vez que se van asociar á ANPA, ou de que chegue ao colexio un novo membro da familia, é preciso cubrir a seguinte solicitude e enviala cuberta ao correo electrónico da anpa (anpa.centieiras@gmail.com):

Ficha de inscrición en .odt

Ficha de inscrición en .pdf

As persoas que xa foran socias anteriormente non precisan cubrir o documento e abonda con que fagan o ingreso da cota.

2. Realizar o pagamento da cota única de vinte cinco euros (25,00 €) por familia e curso, mediante ingreso ou transferencia bancaria, indicando no concepto o nome do neno/a ou dos nenos/as. A entidade bancaria onde está depositada a conta da ANPA é BBVA (Avda. Marqués de Figueroa 1) e o IBAN é  ES23 0182 5988 5702 0158 7944.


VANTAXES PARA TODOS OS NENOS E NENAS

  • Actividades extraescolares; que dependen na actualidade da existencia desta asociación.
  • Os servizos de comedor e de madrugadores, que xestiona esta asociación.
  • As festas organizadas conxuntamente coa dirección do centro (Magosto, Nadal, Entroido, fin de curso…); nas que se reparte comida, bebida e agasallos para TODOS o alumnado e familiares que asisten.
  • Material para o colexio; do que pode dispor TODO o alumnado.
  • Descontos en comercios e establecementos da comarca.
  • Pode servir de axuda e apoio ás familias ante calquera tipo de problema (co profesorado, con actividades escolares ou extraescolares, problemas de convivencia no centro, etc...).

Esta é unha asociación sen ánimo de lucro, polo que todos os cartos que se conseguen (cotas de persoas asociadas, subvencións,…), invístense en necesidades e/ou melloras do centro e dos seus servizos.

Este é o resumo das actividades e dos obxectivos da asociación, e tamén unha invitación dirixida ás familias que aínda non son socias para que se asocien canto antes (se non hai socios non pode haber ANPA).