ANPA Centieiras
¿Qué é? É unha asociación de nais e pais (e titores ou titoras) do alumnado matriculado no CEIP de Centieiras. Os seus fins son:
a) Asistir ás familias en todo aquilo que afecta á educación dos seus fillos e fillas.
b) Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
c) Facilitar a representación das familias do alumnado no Consello Escolar do centro.
d) Estimular a participación das familias do alumnado na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
e) Fomentar as relacións de cooperación do centro cos outros centros escolares e cos sectores sociais e culturais da contorna.
f) Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, e a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
g) Requirir dos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, recadando a atención e as axudas que esta precise.
h) Promover reunións de colaboración das familias co profesorado e as boas relacións entre ambas partes.
i) Todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.
ORGANIGRAMA:
- Presidenta: Mª Mar González Ramilo
- Vicepresidente: Juan José Teijeiro Couce
- Secretaria: Ledicia Trillo González
- Tesoureira: Olaia Salorio Yáñez
- Vogais: Sonia Rodríguez Antón, Juana Rodríguez Bugía, Julia Díaz Mosquera, Jessica A. Bouzas Vidal, Gloria Abeal Ansedes, Rocío Filgueira Pena, Natalia Delgado Maroño e Laura Bouza López.