luns, xaneiro 30, 2023

Xa se poden consultar os rexistros de días pasados na aplicación de comedor/madrugadores


A ferramenta informática de xestión do comedor vén de incluír unha importante mellora para a información ás familias. Ata agora, unha vez pasadas as 9.15h da mañá de cada día, os rexistros desaparecían da vista das persoas usuarias, sen que puideran comprobar os días que os seus fillos/as estiveran apuntados no comedor e/ou en madrugadores a non ser que preguntasen á ANPA. A partir de hoxe xa poden comprobar todos os rexistros anteriores á data actual con só abriren a aplicación.

Desde a directiva queremos dar as grazas e recoñecer publicamente o labor de Javier Lamas e Pedro Rodríguez, artífices desta ferramenta que tanto facilita a xestión dos servizos, tanto á ANPA como ás familias e ao centro.

1 comentario: