venres, novembro 25, 2022

A igualdade non ten truco, todo un éxito

Hoxe as/os nosas/os peques puideron gozar dunha función de maxia moi especial da man de Carlos e Sara, que trouxeron á nosa biblioteca a obra "A igualdade non ten truco". Parece ser que foi todo un éxito e, desde a ANPA, alegrámonos moitísimo de saber iso. Dámoslles as grazas á compañía Magia en la Manga e á dirección do cole por axudarnos en todo. Tentaremos que volvan axiña.

Lembramos que é unha actuación financiada pola subvención da Secretaría Xeral de Igualdade.




Ningún comentario:

Publicar un comentario