martes, novembro 29, 2022

Temos portátil novo de balde grazas unha doazón desinteresada!!

Queremos agracecer en nome de todas as persoas asociadas á ANPA a doazón que vimos de recibir por parte de Mar González Ramilo, mamá de Leo de 6º EI. Trátase dun ordenador portátil que nos vén estupendamente para facer todas as nosas xestións, xa que o que tiñamos quedou lento e anticuado e dificultaba moito o traballo que realizamos.

Deste xeito aforramos todos e todas uns cartiños que teriamos que gastar obrigatoriamente neste aparello, e poderemos utilizalos para outras cousas.

Mil grazas Mar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario