xoves, novembro 24, 2022

O 25N, arte e maxia para rexeitarmos a violencia contra as mulleres

Para colaborar coa conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, ademais de crear estes marabillosos murais decorativos a cargo do noso equipo artístico, a ANPA organiza un espectáculo de maxia financiado pola subvención para actividades que promoven a igualdade concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, xunto co Ministerio de Igualdad. 

Trátase da obra "A igualdade non ten truco" a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, da compañía viguesa Magia en la Manga. Eles memos definen esta obra como "un espectáculo divertido e máxico para todos os públicos que transmite ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual: promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas".





Este venres, 25 de novembro, haberá dous pases do espectáculo, que ten unha duración de 50 minutos. O primeiro será de 10.40 a 11.30h, para as nenas e nenos de educación infantil, 1º e 2º de primaria; e o segundo será despois do recreo, de 12.00 a 12.50h, para as/os de 3º, 4º, 5º e 6º.

Agardamos que gocen do espectáculo e do día da conmemoración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario