Xa estamos de cheo no novo curso e queremos animarvos a todas as familias a que vos fagades socias da ANPA. Son só 25€ de cota anual por familia (independentemente do número de fillos/as), que podedes pagar en varios prazos se o precisades (comunicándoo á ANPA). Con este xesto contribuides a unha chea de labores importantes para toda a comunidade educativa, sobre todo, para os peques: que haxa servizo de comedor e madrugadores, que haxa actividades extraescolares, que poidamos seguir axudando e organizando a conmemoración de datas sinaladas, que poidamos servir de canle de comunicación entre as familias e o profesorado, a dirección do centro, as institucións responsables..., e un longo etc.
Acabamos de actualizar tamén o listado de comercios da contorna que teñen convenio coa ANPA e fan descontos aos seus asociados/as. Neste curso renovamos con todos os anteriores e incorporamos á Escola de música da Vaca, de Ferrol e á tenda infantil Patito de Goma, de Narón. Deixámosvos por aquí o listado actualizado, que o tedes tamén dispoñible na parte dereita do blog durante todo o curso.
LISTADO DE COMERCIOS E DESCONTOS
Nestes días iremos enviando os novos carnés de socio/a para 2022-2023. E se coñecedes algún establecemento máis ao que poida interesar adherirse ao convenio, non dubidedes en comentárnolo.
Para facervos socias só tedes que ingresar a cota de 25€ na conta bancaria da ANPA e, no caso de que sexa a primeira vez ou de que houbese algún cambio desde a última vez (datos, novos irmáns...), cubrir a ficha de asociación e enviala cuberta ao correo da ANPA (anpa.centieiras@gmail.com).
Tedes todos os detalles na lapela "Facerse socios" deste blog, á que podedes acceder tamén desde este enlace:
Ademais, se a alguén lle interesa formar parte da xunta directiva da ANPA só ten que comunicárnolo e estaremos encantados/as de incorporalo. Cantos máis sexamos, máis cousas podemos facer.
As vías de comunicación coa xunta directiva tamén están no noso blog, no seguinte enlace:
Ánimo e a polo novo curso!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario