venres, setembro 09, 2022

Enquisa para completar cadro de actividades extraescolares




Estamos intentando arranxar o noso calendario escolar de actividades extraescolares e para iso precisamos da vosa colaboración. Ademais das actividades xa consolidadas (E-makers, Tenis, Xadrez) e outras que estamos a preparar de baile galego e música tradicional en colaboración con Airiños de Fene, gustaríanos poder seguir ofertando outras que sexan do voso interese, polo que vos pedimos que nos digades cales quereríades e en qué horario vos interesaría. So tedes que picar na seguinte ligazón e respostar á enquisa. É moi fácil. Animádevos e nos axudaredes moito!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario