mércores, setembro 14, 2022

A ANPA da Xunqueira prepara unha actividade extraescolar de audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica aberta a alumnado de todo o concello

Para suplir as carencias de persoal especialista en audición e linguaxe (AL) e en pedagoxía terapéutica (PT) que teñen os colexios, a ANPA do colexio A Xunqueira, de San Valentín, organiza unha actividade extraescolar con esta temática dirixida a todo o alumnado de Fene, incluído o de secundaria.

Para infomar máis polo miúdo desta actividade convócase unha reunión o xoves 15 de setembro, ás 16.30h no ximnasio do colexio A Xunqueira (San Valentín), á que asistirán especialistas da área infanto-xuvenil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario