Case rematado o verán, poñémonos en marcha para que todo estea a punto o vindeiro día 8 de setembro, candos os/as nosos/as peques volven ao cole.
Os servizos de comedor e de madrugadores estarán operativos desde o primeiro día e, nese curso, con dúas importantes novidades.
Suba de prezos
Por unha banda, vémonos na obriga de aplicar unha suba de prezos dun 6%; xusto a mesma cantidade na que a empresa de catering nos sube os custos. Ao mesmo tempo, aproveitamos este cambio para reducir o número de tarifas por frecuencia de uso no caso de comedor de tres a dúas, en aras da operatividade. É dicir, haberá unha tarifa para os que usen o comedor máis dun 50% dos días lectivos e outra para os que o usen menos do 50% dos días (ata agora era unha para a franxa ata o 25%, outra para entre o 26% e o 75%, e outra para o 76% ou máis). Deste xeito, os prezos do comedor quedan do seguinte xeito:
E no caso de madrugadores, as tarifas dependen do uso do servizo con almorzo ou sen almorzo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario