xoves, xuño 23, 2022

Que ben o pasamos...!!

Rematou o curso 21-22 e desta volta si puidemos celebralo a tope. A mañá comezaba cunha estupenda feira científica na que cada aula puido amosar unha parte dos coñecementos adquiridos nese curso dun xeito diferente e divertido. Contaron coa compaña doutros postos de moito interese realizados por familias e por representantes das actividades extraescolares. E coma sempre, en Centieiras, non podía faltar a música tradicional en directo, que puxo fin ao horario lectivo e marcou o comezo da festa de convivencia organizada pola ANPA. 


Destacamos e agradecemos a gran participación das familias no xantar de convivencia a pesar de que as predicións meteorolóxicas non eran tan boas como as que finalmente tivemos. A xornada foi do máis entretida durante todo o tempo. Os contos de Caxoto -actuación financiada pola Secretaría Xeral de Iguladade e Ministerio e Igualdad- amenizaron a sobremesa e os xogos da Guagua  non deixaron tempo para o aburrimento. 







Pero sen dúbida o momento máis agardado por pequenos/as e maiores era do da festa da espuma. Daba gusto ver as caras dos máis peques cheas de felicidade vivindo un momento que nunca antes viviran no cole. Tamén os/as maiores o gozaron e incluso algúns pais e nais se animaron a darse un baño de espuma. 



Agardamos que pasedes un marabilloso verán e que regresemos todas e todos o curso que vén con moitas forzas para seguir traballando. Grazas a todas as persoas que participastes nesta festa e a todas as familias socias da ANPA que o fixestes posible. Lembrade que sen socios/as non hai ANPA...

Feliz verán!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario