O mércores 22 despois da feira científica, unha vez rematado o horario lectivo (ás 14h), a ANPA toma o relevo do Centifest e comeza a festa de convivencia, con moitas máis ganas se é posible despois de dous anos sen poder celebrala.
Para o xantar de convivencia repartiremos nesta ocasión augas, postres individuais, xeados e cafés a quen queira, mais non teremos comida para compartir, polo que cada familia deberá traer a súa. Por suposto, poden vir avós/avoas, irmáns/ás pequenos e maiores, ou calquera persoa á que lle apeteza pasar unha tarde entretida.
Teremos rifas para vender e sortearemos, sobre as 15.30h horas, diversos agasallos para a rapazada. Ademais, as persoas socias da ANPA terán asignada a rifa correspondente ao seu número de asociación.
Ás 16h veremos a actuación da compañía Caxoto, que nos contará "Contos vellos con novos finais"; unha nova visión das historias que todos/as coñecemos pero buscando rachar os estereotipos de xénero, fomentar a coeducación... Todo desde un punto de vista moi divertido.
Despois haberá un circuito de xogos de habilidade e xogos populares a cargo de "La Guagua" e finalizaremos coa nosa xa tradicional festa da espuma, que nesta ocasión contará con monitorado de La Guagua e cambiará de ubicación; farémola na pista cuberta.
Agardamos que a proposta sexa do interese de todos os e todas e recomendamos que non vola perdades. Seguro que, tanto peques como maiores, pasarémolo xenial!!
Fue un placer compartir este día con todas las familias, fue un día lleno de nervios por la previsión meteorológica que finalmente no fue tal y nos dejó disfrutar la jornada. Perdón por los errores que hayamos podido tener... Disfrutar de las vacaciones merecidas!!!
ResponderEliminar