O vindeiro martes 31 de maio está prevista unha excursión de todo o cole ao Muíño de Pedroso e, como sabedes, durará máis alá do horario lectivo, ata ben entrada a tarde. Por iso, ese día non haberá servizo de comedor (de madrugadores si).
Ademais, este sería o último día de clase de tenis, xa que as actividades extraescolares rematan coma sempre co mes de maio. Posto que hai que suspendela, o alumnado desta actividade poderá recuperala o xoves día 2 de xuño, no horario habitual.
E a gozar da excursión!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario