mércores, maio 11, 2022

E para pechar o curso... Centifest!!!


Desde a ANPA estamos moi contentas de poder anunciarvos que recuperamos a nosa tradicional festa da convivencia despois de dous anos de parón. Pero ademais, nesta ocasión vén con novidades, xa que se vai celebrar no marco dun evento máis amplo chamado "Centifest". 

Será o último día lectivo, o mércores 22 de xuño, e comezará pola mañá cunha sorte de feira científica con postos para cada un dos cursos. As familias poderán entrar no cole a partir das 12h, e tamén participar nos postos científicos se así o desexan.

A partir das 14h comezará a comida/pic-nic no campo do cole e, despois, actuación, xogos e festa da espuma.

Tanto pola nosa parte como pola dirección do cole iremos informando máis polo miúdo en canto vaiamos pechando asuntos, pero contade con que ese día temos festa rachada para os pequenos/as e para as familias.

Agardamos que vos guste o que vos temos preparado xunto coa dirección do centro e que vos faga tanta ilusión coma a nós!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario