A Xunta de Galicia vén de publicar e poñer en marcha unha nova adaptación á situación sanitaria actual derivada da COVID-19. O documento ten data do 20 de maio de 2022 e leva por título "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022".
Este documento xa está en vigor e xa o podedes consultar neste blog e tamén na web do colexio. Trátase da adaptación do protocolo anterior ás novas normas estatais relacionadas coa pandemia (non obrigatoriedade do uso de mascarillas, non necesaria distancia de seguridade nas aulas, etc...).
En canto aos servizos xestionados pola ANPA, destacamos que non precisan dun protocolo específico e que se rexen polos apartados correspondentes deste novo documento. Seguiranse mantendo as distancias entre o alumnado que non pertenza ao mesmo grupo de convivencia estable (é dicir, á mesma aula ou a educación infantil) durante a prestación do servizos de comedor e madrugadores.
Animamos a todas as familias a que botedes unha ollada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario