O vindeiro venres, 13 de maio, temos dobre celebración en Centieiras. Por un lado, conmemoramos esa tradición tan nosa que é a dos maios, elaborándoos entre todos e lucíndoos cun paseíño ata a Praza do Concello, onde o alumnado cantará e bailará.
Ademais, conmemoramos o Día das Letras Galegas, que é o festivo día 17. Este ano están adicadas ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).
O equipo artístico da ANPA, por suposto, fixo a súa contribución decorativa para ambientar as dúas celebracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario