sábado, abril 23, 2022

Volven as excursións de fin de curso e volven as axudas da ANPA para estas saídas

Neste curso, despois de dous anos de parón, o alumnado de Centieiras poderá volver gozar das excursións de fin de curso. Onte mesmo moitos/as levaban nas súas mochilas a nota informativa da saída ao Muíño de Pedroso prevista para o 31 de maio.

A ANPA ten por costume axudar nestas saídas cunha achega de 3€ a cada peque que sexa socio/a, así que xa sabedes, se estades asociadas á ANPA, descontade 3€ por cada unha das vosas crianzas sobre o custo que teña a excursión. É dicir, se custa 21€, tedes que poñer 18€ (dos outros 3€ encárgase a ANPA).

E que o pasen moi ben, que o teñen máis que merecido!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario