martes, novembro 30, 2021

Aprobadas subvencións municipais para a ANPA por valor de 3.900 €



Un curso máis, o Concello de Fene vén de asinar o convenio con esta asociación para o ingreso dunha subvención nominativa de 2.400 € para sufragar gastos do servizo de comedor. A nosa compañeira Celia acudiu esta mañá ao acto público de sinatura, xunto con outras asociacións que tamén recibiron fondos.

Ademais, hoxe mesmo veñen de anunciarnos, desde os departamentos de Cultura e de Ensino, que nos foi concedida unha subvención de concorrencia competitiva por 1.500€, que é o máximo establecido para entidades como a nosa. Esta partida deriva das actividades que realizamos diferentes ao comedor, nomeadamente o servizo de madrugadores, pero tamén as conmemoracións que adoitamos facer ao longo do curso (Magosto, Samaín, Nadal, etc).

Estamos á espera agora da constestación, por parte da Xunta de Galicia, dunha segunda subvención que solicitamos para gastos de comedor. Manterémosvos informados/as!


1 comentario: