mércores, decembro 01, 2021

Fachenda de poboado de Nadal!

O traballo en equipo sempre sae mellor, e cando o equipo é de pequenas e pequenos artistas dando outra vida a materiais de refugallo, a fachenda que sentimos é infinita. Deixámosvos unhas fotos e un enlace a un vídeo de como quedou o poboado de Nadal de Centieiras feito polo alumnado. Moitas grazas aos participantes e a gozar del nestes días.

Proximamente aumentaremos a decoración e poñeremos unha árbore de Nadal moi especial...


Pincha aquí para ver o vídeo do poboado Nadal Centieiras




Ningún comentario:

Publicar un comentario