luns, setembro 06, 2021

Estamos de volta!!


Os servizos de madrugadores e comedor comezan a funcionar o primeiro día de cole

Chega setembro, volvemos ao cole, e a ANPA volve ofrecer os servizos de madrugadores e comedor desde o primeiro día. O xoves 9 de setembro haberá almorzos a partir das 7.45h e comidas ás 14h. Os prezos non varían con respecto ao curso pasado.

Posto que seguimos en pandemia, seguimos tamén con protocolos de protección e prevención contra a COVID-19, que non cambian moito pero si recollen algunha novidade. O específico para estes servizos é o da ANPA, que podedes ver na parte dereita desta páxina ou nesta ligazón:

PROTOCOLO COVID-19 ANPA 21-22

O funcionamento de cada servizo tédelo explicado nas lapelas correspondentes deste blog (Madrugadores - Comedor), e tamén como apuntarse. Quenes queirades comezar neste mes enviade a ficha por correo electrónico, especificando no texto do correo os días que teñen previsto acudir, e facédeo canto antes, entre hoxe e mañá se pode ser. 

E xa sabedes, os cambios de última hora sempre por mail ou whatsapp e antes das 8,15h para madrugadores e das 9.15h para o comedor.

As actividades extraescolares, en outubro

Como é habitual, as actividades extraescolares que alcancen o número mínimo de persoas apuntadas comezarán en outubro e rematarán en maio. Iremos informando das propostas nos vindeiros días. Mentres, tedes máis información na lapela correspodente neste blog (Actividades Extraescolares).

Asóciate!!

E lembrade que para soster todos estes servizos e as demais actividades que facemos, é necesario que teñamos mooooooitas familias asociadas, así que facédevos socios e socias canto antes!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario