Comedor

 SERVIZO DE COMEDOR


O servizo de comedor comeza ás 14:00h e remata ás 16:00h. Préstase nas instalacións do comedor do centro.

PARA ENTRAR

Os alumnos e alumnas que fagan uso do comedor están a cargo dun mestre ou mestra desde que rematan o seu horario lectivo ata que chega a coidadora do comedor.

DURANTE O SERVIZO

Durante o tempo do servizo, os nenos e nenas non poden saír das instalacións habilitadas para comedor e, unha vez rematen de xantar, poden facer uso deste espazo para actividades lúdicas, sempre baixo a supervisión da coidadora. Non obstante, permítese a saída ao exterior sempre que a coidadora o considere oportuno e baixo a súa supervisión. 

Ao rematar o xantar, os nenos e nenas lavarán os dentes.

PARA SAÍR

Unha persoa adulta autorizada pode recoller as/os nenas/os a calquera hora a partir das 15:15h e ata as 16:00h. 

Desde o 7 de febreiro de 2022, as portas do colexio permanecen pechadas tamén a partir das 14.00h, polo tanto, para as recollidas de usuarios/as de comedor farase uso exclusivo da porta que dá á Rúa Alta. En caso de atopala pechada haberá que chamar a calquera dos dous números de teléfono do centro para que a coidadora abra:

-Fixo: 881 930 134

-Móbil: 644 765 166

Os nenos e as nenas que, despois do comedor, vaian a algunha actividade extaescolar do centro, serán achegadas pola coidadora ata ao espazo no que se realice á actividade.



PREZOS: 

  • O prezo é por persoa e día. Hai un desconto do 50% para irmáns.

  • Persoas asociadas que acoden un 50% ou máis dos días lectivos do mes: 6,00€ (irmáns 3,00 €)

  • Persoas asociadas que acoden menos dun 50% dos días lectivos do mes: 6,50€ (irmáns 3,25 €)

  • Persoas non asociadas: 7,85€ (sen desconto para irmáns)

FORMA DE PAGAMENTO:   

  • Pagarase mensualmente antes do día dez de cada mes vencido (agás o mes de xuño que se pagará antes do último día do mes),  mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta, e tras recibir un correo electrónico da ANPA no que se lles indicará o importe a pagar en cada mes. O número de conta é o ES30 2100 4736 8102 0003 1870 e a entidade bancaria é Caixabank (Avenida Marqués de Figueroa 61, Perlío). 

SUBVENCIÓNS:

  • As familias con poucos recursos económicos poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Fene para informarse das axudas existentes.       

PERSOAS USUARIAS:

  • Poden usar o servizo de comedor e madrugadores as alumnas, os alumnos ou beneficiarios do CEIP Plurilungüe de Centieiras. Enténdense como persoa beneficiaria aqueles menores de educación primaria e secundaria que formen parte da unidade familiar da persoa asociada do centro.


COMO APUNTARSE:

Desde o curso 2022-2023, a xestión das asistencias realízase a través dunha páxina web: www.comedorcenteiras.com

IMPORTANTE

As asistencias e cambios sobre as previsións vanse poder rexistrar ata as 9.15h do mesmo día. Despois dese tempo a ferramenta informática non permite a modificación. Cobraranse todos os servizos anotados e non se pode garantir o servizo para as persoas que non estean anotadas.

Para obter as credenciais de uso desta web hai que enviar un correo electrónico á ANPA, ao enderezo anpa.centieiras@gmail.com, especificando os seguintes datos:

- Nome completo e DNI do pai/nai/titor/titora

- Enderezo electrónico e teléfono de contacto

- Nome completo do/a neno/a ou dos/as nenos/as

- Curso

- Indicar se ten algunha alerxia alimentaria

Con isto, procederemos a facer a alta no sistema e enviaremos un correo electrónico coas credenciais. Despois, son as propias familias as que xestionan as anotacións dos días de asistencia ao servizo.

A continuación, deixamos un enlace de acceso á guía rápida de usuarios e, se tedes calquera dúbida, preguntade a calquera persoa da directiva da ANPA:

Guía rápida usuarios


QUE HAI QUE LEVAR:

-Cepillo e pasta de dentes con nome

-Mandilón para peques de educación infantil (opcional)



NOTA: As persoas que teñan débedas adquiridas coa ANPA e non estean en comunicación con esta para o seu pagamento, non poderán apuntarse ao servizo.

Colaboran: