mércores, xuño 23, 2021

Estamos de vacacións!!

Onte remataban os días lectivos deste curso máis que especial, e posto que non puido ser a festa da convivencia polas razóns que todos sabemos, desde a ANPA quixemos premiar o esforzo de todo o alumnado cuns pequenos agasallos: un trangram que adquirimos e gravamos en ASPANEPS, unhas medallas coa referencia do proxecto didáctico deste curso "Emoticenti" e unhas "chuches" mercadas en Fene. Ademais, puxemos decoración de fin de festa, un photocall e un mural para que os nenos e nenas que quixesen escribisen unhas palabriñas.

Moi boas vacacións a todos e a todas, que os pequenos descansen moito, que o teñen merecido, e vémonos en setembro!!

E ao alumnado de 6º de primaria que remata etapa no cole, desexámoslles moita sorte e moitos éxitos!









Ningún comentario:

Publicar un comentario