martes, maio 25, 2021

Rematan as actividades extraescolares

Remata o mes de maio e con el, un ano máis, as actividades extraescolares xestionadas pola ANPA, que durante este curso foron tenis e E-Makers. O último día de tenis será este xoves 27, e o de E-Makers será o luns 31.

Parabéns a todo o alumnado polo ben que o fixeron nestas circunstancias que nos tocou vivir, e parabéns tamén aos monitores polo seu traballo. Moitas grazas ás empresas prestadoras das actividades -Justo al revés e Espacio Vivo- pola súa comprensión e por facilitarnos sempre as cousas, e por suposto, grazas ás familias que "se atreveron" a participar.

Agardamos ter máis e mellor para o curso que vén. Ata entón, boas vacacións!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario