Chega o Día das Letras e con el unha ponte festiva ata o mércores 19, pero as nosas artistas xa deixaron todo listo para que, tanto hoxe como á volta, non falte o ambiente de conmemoración deste día tan importante para o noso pobo, dando protagonismo á homenaxeada Xela Arias, e case todo con materiais de refugallo.
Ademais, a ANPA adquiriu para o centro dous "Bibliocarros" coa idea de poder sacar a lectura ao patio nos días de bó tempo, e facilitar que os/as peques se animen a coller un libro tamén cando están a xogar. A idea é enchelos estes días con obras de Xela Arias e tamén de Carvalho Calero, o homenaxeado de 2020 que, polas circunstancias que vivimos, non se traballou o suficiente. Varias destas obras foron adquiridas tamén pola ANPA.
Bo descanso e ata a volta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario