mércores, maio 26, 2021

Axudádenos a renovar a imaxe da ANPA!

Desde a ANPA solicitamos de novo a colaboración dos artistas que temos nas nosas familias; desta vez, para que nos axuden a renovar o noso logotipo e dar unha nova imaxe á asociación e a este blog. 

Quen queira participar só ten que facer un debuxo coa súa proposta e envialo ao correo da ANPA (anpa.centieiras@gmail.com) ou ben deixarllo á súa titora no cole. Tedes de prazo ata o 14 de xuño, e o autor ou autora do debuxo escollido levará o lote de agasallos da foto como agradecemento.

 

Deixámosvos por aquí un vídeo explicativo do concurso. Animádevos a participar!!


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario