sábado, xuño 19, 2021

Xa temos logotipo novo!




E ben fermoso que é!!

A autora é Daniela Calvo, de 6ºA de primaria. Parabéns para ela e parabéns para todas e todos os participantes.

A decisión non foi fácil, e para tomala contamos con dous xurados de excepción como son os ilustradores Leandro Lamas e Laura Bouza. Agradecémoslles a eles tamén publicamente a súa colaboración.

O vindeiro martes 22 faremos entrega do premio á gañadora, e nestes días publicaremos no blog unha exposición con todos os debuxos propostos, que foron un total de 36. 

En breve adaptaremos o noso blog a esta nova imaxe. De novo, moitas grazas a todas e todos por participar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario