mércores, setembro 04, 2024

Estamos de volta!


Parece que foi onte cando comezaban, pero o caso é que están a piques de rematar as vacacións de verán e na ANPA xa estamos traballando para que todo funcione o mellor posible no colexio.

Como é habitual, os servizos de comedor e madrugadores funcionarán desde o primeiro día, o mércores 11. Tedes dispoñible o menú de setembro da parte dereita deste blog e xa sabedes que, os que aínda non estades, tedes que darvos de alta na web de xestión de comedor e de madrugadores para poder apuntar aos vosos nenos e nenas os días que o precisedes. Toda a información na lapela correspondente deste blog e na ligazón da parte dereita.

Canto ás actividades extrescolares, estamos a preparar a oferta que temos para este curso e nestes días vos daremos toda a información. Coma sempre, comezariamos en outubro e rematariamos en maio.

Polo demais, xa podedes irvos facendo socios e socias. Sabedes que precisamos que vos fagades para que a ANPA poida seguir funcionando e ofrecendo todos os servizos ás familias. A cota non sobe neste curso; seguen a ser 25€ por familia e curso que podedes ingresar na conta habitual. Os que vos asociades por primeira vez ou tedes algún neno ou nena novo no cole, lembrade cubrir e enviar a ficha de datos. Tedes tamén toda a info na lapela correspondente.

Que teñades unha feliz volta e para calquera dúbida podedes contactar con nós a través do correo anpa.centieiras@gmail.com ou polo whatsapp do noso teléfono móbil 623009449.

Ningún comentario:

Publicar un comentario