.Importe anual 25€
.Pago no primeiro trimestre do curso (as persoas que fagan uso de actividades extraescolares ou servizo de comedor/madrugadores deberán aboala antes de comezar a usalos para que se lles poidan aplicar os prezos reducidos para socios/as).
.Preferiblemente nun só pago
(de non poder ser así por diferentes motivos persoais, comunicarse coa ANPA)
INSCRICIÓN
.É preciso cubrir a seguinte solicitude e enviala cuberta ao correo electrónico da anpa (anpa.centieiras@gmail.com):
NOTA: As persoas que xa foran socias non precisan cubrir o dito documento salvo modificación de datos ou matriculación doutro neno/a (irmán/a). Abonda con facer o pagamento da cota.
Realizar o pagamento da cota única de vinte cinco euros (25,00 €) por familia e curso, mediante ingreso ou transferencia bancaria, indicando no concepto o nome do neno/a ou dos nenos/as. A entidade bancaria onde está depositada a conta da ANPA é BBVA (Avda. Marqués de Figueroa 1) e o IBAN é ES23 0182 5988 5702 0158 7944.
- Actividades extraescolares; que dependen na actualidade da existencia desta asociación.
- Os servizos de comedor e de madrugadores, que só se pode xestionar dende a Asociación.
- As festas organizadas conxuntamente coa Dirección do Centro (Magosto, Nadal, Entroido, fin de curso…); nas que se reparte comida, bebida e agasallos para TODOS os nenos/-as, pais/nais e titores/-as que asisten.
- Material para o colexio; do que pode dispón TODO o alumnado.
- Pode servir de axuda, no caso de haber calquera tipo de problema (co profesorado, con actividades escolares ou extraescolares).