Neste curso podemos propoñervos desde a ANPA as seguintes actividades, cos horarios e prezos que vedes no cadro:
Ollo! 👀👀👀 O prazo para apuntarse remata o 20 de setembro e lembrade que só se impartirán se se alcanza o mínimo de alumnado proposto.
Seguimos apostando polo tenis de Justo al Revés e engadimos, como actividade deportiva, o balonmán.
En canto ás actividades creativas, temos:
- Robótica educativa; unha actividade STEM pensada para pequenos inventores e inventoras baseada en Lego wedo 2.0 e EV3 Mindstorms, que combina elementos de ciencia, tecnoloxía matemáticas e creatividade.
- Creatividade; experimentos, manualidades, expresión corporal, ritmo, educación medioambiental... unha ampla gama de experiencias divertidas e ao mesmo tempo educativas.
E a maiores, inglés con xogos, dinámicas, conversa e vocabulario; e cociña, con receitas e hábitos de alimentación saudable.
Impartiranse as actividades que alcancen o mínimo de alumnado sinalado no cadro, así que animádevos e apuntádevos canto antes (ata o 20 de setembro). Para facelo tedes que enviar un correo electrónico a anpa.centieiras@gmail.com cos seguinte datos:
- Nome do alumno ou alumna
- Curso
- Teléfono móbil de contacto.
As actividades que saian comezarán en outubro e rematarán en maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario