venres, setembro 08, 2023

Animádevos a participar nas actividades extraescolares da ANPA!

Despois da consulta realizada entre as familias ao final do curso pasado, conseguimos finalmente ofertar todas as actividades que nos solicitastes e nos horarios máis votados. Descartamos a opción de balonmán porque xa a ofrece o Concello de Fene para este curso, así que, ás habituais de e-makers, tenis e arte sumamos cociña, inglés e teatro.

Tedes para apuntarvos ata o vindeiro venres 22 de setembro. Só tedes que enviar un correo electrónico co nome e curso do neno ou nena e a actividade á que se quere apuntar. Finalmente impartiranse aquelas actividades que alcancen o número mínimo de alumnado que establece a entidade que as presta. Todas elas comezarían en outubro e rematarían co mes de maio.

Aquí tedes o cadro con toda a información sobre prezos, horarios, quen as imparte e idade mínima para participar.

Ánimo que de seguro serán todas moi divertidas e interesantes!







Ningún comentario:

Publicar un comentario