Como manda a tradición, o curso en Centieiras remata cunha gran festa de convivencia onde as familias, os/as peques e os/as profes nos reunimos a comer no patio do cole e festexamos todos xuntos a chegada das merecidas vacacións de verán. Este ano será o día 21 de xuño, último día lectivo.
Unha vez rematado o horario escolar, ás 14h, comeza esta celebración que cada ano organizamos desde a ANPA. Ao igual que o ano pasado, cada familia deberá traer a súa comida principal. Nós convidamos ás augas, cafés e postres (xeados e pasteliños individuais).
Lembrade traer roupa de baño e algunha muda para os nenos e nenas, posto que teremos xogos de auga organizados pola Guagua e, como non, fin de festa con espuma. Recomendamos gafas de piscina, para evitar que a espuma pique nos ollos, e calzado de auga pechado (fanequeiras, sandalias con velcro, tenis ou zapatillas que se poidan mollar,...), posto que as chanclas non se aguantan nos pés cando están na espuma.
Agardamos que o bo tempo acompañe e poidamos comer no campo e arredor do patio cuberto pero, se non fose así, comeríamos todos na pista cuberta.
Nesta ocasión, para evitar acumular residuos plásticos de difícil recollida, acordamos non permitir o uso de globos de auga, así que pregamos ás familias que non os traian.
Polo demais, non esquezades traer as gañas de pasalo ben e de pasar unha tarde divertida en Centieiras.
Agardámosvos a todas e todos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario