mércores, maio 31, 2023

CENTIFEST 2023 O traballo en equipo sempre sae ben!

Onte en Centieiras tivemos celebración. Pechamos o poxecto didáctico deste curso, A Maxia do Xogo, co CENTIFEST; unha feira-exposición dos traballos realizados, con propostas de xogos realizadas por cada curso e tamén por familias. Non faltou a xa tradicional repichoca coa colaboración de familias e de moitos nenos e nenas que se animan a participar cada vez máis.

Pasámolo xenial e aprendimos un montón. Gran traballo conxunto da dirección do cole, os profes, a ANPA, as familias e o alumnado.

Para o vindeiro ano máis. Deixámosvos un pequeno vídeo resumo para quenes non puidestes estar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario