Grazas á doazón dunha familia, este ano conseguimos unha cesta de Nadal que queremos sortear entre toda a comunidade educativa do noso cole. Está chea de produtos marabillos para facer que nestas festas non falte de nada na mesa do afortunado ou da afortunada a quen lle toque.
O sorteo será o día 22 de decembro, durante a celebración da festa de fin de trimestre do cole. Publicaremos o número gañador, polo que non será necesario estar presentes para que toque. Ademais, reservamos os números de socia de cada familia, co que as familias asociadas terán máis posiblidades...
Repartiremos rifas nestes días ás entradas e saídas do cole, e tamén en madrugadores e no comedor. A doazón para a ANPA é de 1 €.
Non quededes sen rifas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario