xoves, decembro 01, 2022

Solicitamos axuda das/os peques para decorar a nosa árbore de Nadal

Como cada ano, o noso equipo artístico prepara unha árbore de fieltro xigante para contribuir á decoración de Nadal do colexio. Nesta ocasión queremos que os nenos e as nenas nos axuden e que, de paso, formen parte activa desta conmemoración que, para eles/as, é tan importante... 

Este venres día 2 levarán para casa unha bóla de cartón como a da foto e queremos que a decoren como queiran (con pinturas, con pegatinas, con debuxos ou cos materiais e deseños que lles apeteza). Engaden unha corda, lazo, fío ou o que teñan por casa para colgar e listo! 

Pregamos que as traian decoradas o luns 5 ou o mércores 7, así poderemos ter a árbore lista a vindeira semana para que gocen dela o maior tempo posible.

Grazas anticipadas pola colaboración! Seguro que nos queda unha árbore marabillosa!


Ningún comentario:

Publicar un comentario