Despois de 2 anos de parón, as castañas asadas regresan ao patio do cole para que poidan ser degustadas por grandes e pequenos. Ademais, teremos un castañeiro que as asará no momento e co método tradicional. Complementaremos a xornada cun chocolate quentiño e, como non, cunha repichoca na que participarán todos os músicos e músicas que temos entre o alumnado e as súas familias.
Como xa se informou a través do abalar, a festa celebrarase este venres 11, de 12 a 14h, e as familias que poidan e queiran asistir están convidadas.
Este xoves 10, a partir das 17 h, estaremos no cole para picar as castañas que asará o castañeiro. Quen queira e poida vir axudar será ben recibido/a. Ah! E traede un coitelo!!
Grazas e a gozar da festa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario