A ANPA organiza un obradoiro para nais e pais do alumnado de Centieiras que leva por título "Medrando en Igualdade". Trátase dunha formación impartida pola cooperativa Rexenerando, que conta cun equipo multidisciplinar formado por diversos profesionais como Martín Vázquel Añel, sociólogo e especialista en xénero, que será o encargado de ofrecernos este obradoiro.
Terá unha duración de dúas horas e impartirase o martes, 22 de novembro, a partir das 16h na Biblioteca do colexio. Os obxectivos principais a acadar son:
- Xerar un espazo de encontro, reflexión e diálogo onde as persoas participantes poidan compartir as súas experiencias, inquedanzas e estratexias na educación das súas fillas e fillos.
- Sensibilizar as familias na importancia da educación afectivo sexual dende un enfoque coeducativo e de respecto á diversidade.
- Achegar un pequeno marco téorico dende o que comprender a hipersexualización na infancia, así como as súas principais causas e consecuencias.
Para participar, pídennos desde a organización que as persoas interesadas cubran o seguinte cuestionario, que servirá como orientación para que o poñente logre cubrir todos os intereses das nosas familias. É moi fácil. Só hai que picar na ligazón e respostar as preguntas:
https://docs.google.com/forms/
Para máis información, deixámosvos o dossier completo do obradoiro nesta outra ligazon:
Esta formación inclúese dentro das actividades que a ANPA realiza a través da subvención para promoción da igualdade na educación concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, xunto co Ministerio de Igualdad.
Ningún comentario:
Publicar un comentario