venres, abril 01, 2022

Recibimos o noso premio por participar no desfile de comparsas!


O Concello de Fene ingresou na conta da ANPA unha axuda de 1.154,36 € pola nosa participación no desfile de comparsas do pasado Mércores de Cinza (1 de marzo). Como anunciamos, repartiremos estes cartos entre os nenos e nenas que participaron e contribuíron a que todos o pasaramos tan ben.

Ademais, aproveitaremos este reparto para entregar os 10 € que, como tradición, a ANPA dá a cada alumno e alumna de 6º de Primaria (socios/as da ANPA), que marchan xa do cole e comezan unha nova etapa na súa vida.

Informámosvos tamén de que estamos a dar de alta contas da ANPA nas redes sociais facebook e instagram. Agardamos que isto contribúa a que moita máis xente coñeza o ben que se traballa neste cole e as cousas tan divertidas e interesantes que se fan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario