martes, abril 05, 2022

En marcha os convenios de colaboración cos comercios de Fene para persoas socias da ANPA


Como informamos a principios de curso, estivemos traballando na sinatura de convenios con diferentes estsablecementos do Concello de Fene e a súa área. Finalmente acadamos acordo con moitos e de moito interese para as familias. Ante todo, deixamos constancia aquí do noso agradecemento a todos eles e vos deixamos un enlace no que podedes consultar cales son estes establecementos e que tipo de desconto fai cada un.

Establecementos e descontos

Lembrade que para poder beneficiarvos destes descontos debedes presentar a tarxeta de socios/as da ANPA que vos enviamos por correo electrónico o pasado 1 de outubro, ou en días posteriores a que vos asociarades. Se algúen non a atopa que nola solicite.


Ningún comentario:

Publicar un comentario