mércores, outubro 27, 2021

O Samaín xa está aquí...



O equipo artístico da ANPA púxose en marcha para ambientar o cole do xeito máis terrorífico. Grazas a todas as persoas que colaboraron para que puidésemos facer isto e agardamos, coma sempre, que guste a grandes e pequenos.

As cabazas están enteiras e son da horta, recolleitadas en Maniños. Se alguén quere levar para a casa e aproveitalas como decoración para esta fin de semana ou para facer receitas con elas, pode coller as que queira o venres á saída do colexio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario