A ANPA convoca ás familias do alumnado do CEIP Plurilingüe Centieiras á Asamblea Xeral Ordinaria anual que terá lugar o martes 2/11/2021, ás 17:30 horas en 1ª convocatoria e ás 17:45 horas en 2ª convocatoria, no patio cuberto do colexio, coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Estado de contas e balance do curso 2020/2021.
Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Presidencia e outros cargos da Xunta Directiva.
Previsión de actividades e xestións para o curso 2021/2022.
Rogos e preguntas.
É a mellor ocasión para que todas as familias poidades opinar sobre a xestión da ANPA, facer as vosas achegas, propostas, coñecer como funciona, etc. Animádevos a participar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario