mércores, febreiro 03, 2021

Montamos unha comparsa telemática!!

"A grandes males grandes remedios". Iso é o que pensamos na ANPA e que concluíu coa idea da realización dunha especie de comparsa telemática. O noso compañeiro Juanjo ideou unha letra adaptada á canción Bohemian Rhapsody, de Queen, e unhas cantas familias (peques e maiores) gravaron voces e arranxos que despois se encargou de mesturar o compañeiro Diego Maceiras. 

Agora precisamos a colaboración de todas as familias, profes e comunidade educativa en xeral para crear un vídeo-performance con esta peza, que titulamos "Covid, non vas poder"

 Para participar tedes que facer o seguinte:

1. Gravar entre 30 segundos e 1 minuto da canción (de calquera parte dela), facendo playback, bailando, saltando, "tocando" piano, guitarra, o que se vos ocorra. E, iso si, disfrazados ou ataviados co que teñades por casa, que estamos no Antroido!!.

É moi importante que gravedes co móbil en HORIZONTAL para que quede mellor. Non vos precupedes polo audio; podedes berrar, cantar ben ou mal, falar, ou o que sexa, posto que non se vai escoitar.

2. Enviar o vídeo por whastapp ao móbil da ANPA (623009449).

Tedes tempo ata o vindeiro luns 8 de febreiro ás 18h. Anímadevos todos e todas, que de seguro quedará unha bonita e divertida lembranza deste curso tan particular.

Aquí tedes o audio e a letra da canción:

AUDIO

LETRA

A gozar do Antroido o que nos deixen!!!

1 comentario: