venres, xaneiro 29, 2021

Cese temporal das actividades extraescolares

Dadas as recomendacións das autoridades sanitarias -tanto autonómicas coma municipais- de limitar ao máximo a mobilidade e actividades non esenciais, e despois de consultalo coas empresas prestadoras das nosas actividades extraescolares e coas familias usuarias,  decidimos cesar temporalmente as clases de tenis e de E-makers durante o mes de febreiro. Este cese non supón penalización económica ningunha das empresas á ANPA nin, por suposto, ás familias, e queda garantida a reserva de praza para a reanudación.

Queremos agradecer o apoio e comprensión das empresas prestadoras e das familias usuarias ante esa difícil decisión, e agardamos que en marzo poidan reanudarse con máis forza se cabe.

Veña que queda menos!! Ánimo e a coidarse!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario