martes, 27 de outubro de 2026

Axúdanos a picar castañas para o Magosto!!

Picamos o mércores 28 ás 16h

Como sabedes, este venres é o Magosto no colexio e dende a ANPA convidamos a castañas e a chocolate quente. As castañas asarémolas no cole (10 quilos) e tamén nun forno (outros 20 quilos), así que precisamos picar 30 quilos de castañas. 

Para isto quedamos este mércores, día 28, ás 16 horas, no recibidor do colexio, e cantas máis persoas sexamos máis pronto acabaremos. Anímate e vén axudarnos! Trae un coitelo e gañas de pasar un anaco entretido. Agardamos por ti!

Ningún comentario:

Publicar un comentario