venres, outubro 25, 2024

Precisamos a túa axuda para preparar o Magosto


Xa está aquí un dos acontecementos do curso en Centieiras: o Magosto! Este ano conmemorámolo tamén co Samaín e o Día do Peón, así que día completo. Será o vindeiro mércores 30 de outubro e as familias estades convidadas a partir das 12h a unhas castañas e un chocolate quente do que nos ocupamos dende a ANPA. 

As castañas xa as temos encargadas e estarán no cole o luns. Son 25 kg que asarán na Panadería O Cruce de Maniños e outros 5 kg que asaremos na pista cunha castañeira moi especial... 

O martes 29 estaremos picándoas e solicitamos a vosa axuda. Quenes poidades, achegádevos ao centro pola tarde, a partir das 16h e traede un coitelo pequeno. Cantos máis sexamos antes acabamos.

Grazas de antemán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario