xoves, outubro 31, 2024

Samaín e Magosto 2024, grazas e ata o próximo

 

Un ano máis, en Centieiras celebramos o Samaín e o Magosto, desta volta, todo xunto. Comemos as castañas e o chocolate cos disfraces máis terroríficos e bailamos os peóns en modo zombie e ensaguentados. Non faltou a repichoca de música popular coa participación de moitos nenos e nenas nunha xornada na que a o cole e a ANPA unen as súas forzas para traballar en conxunto e ofrecer o mellor de si aos pequenos/as e ás familias.

Moitas grazas a todas as persoas que o fixeron posible e ás mans que nos botaron desinteresadamente. Primeiro reto do curso superado!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario